luns, 4 de maio de 2015

Libraría Institucional




A Xunta de Galicia vén de presentar a súa Libraría Institucional a través da rede, unha plataforma virtual dirixido a toda a cidadanía,  na que se recollen as publicacións das diferentes consellerías e organismos dependentes da Xunta. Esta Libraría dixital convértese así nun punto de acceso para a adquisición dos materiais dispoñibles nun amplo catálogo, sexan estes venais ou gratuítos.

As bibliotecas escolares poden atopar neste recurso materiais de interese e, ao tempo, é unha ferramenta para dar a coñecer aos distintos departamentos do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Pregamos que os vosos comentarios e suxestións enriquezcan o contido deste blog.
Grazas