La Educación Física en Secundaria basada en competencias permite unha aproximación dende a educación
física ao modelo baseado en competencias que entrou en vigor coa LOE e que
continuará a ter vixencia no modelo LOMCE e posiblemente en modelos sucesivos,
pois supón un marco común nos sistemas educativos europeos.
A obra, que está formada por cinco libros, achéganos unha análise do modelo
baseado en competencias dende a óptica da materia da educación física. Dende
esta perspectiva, un grupo de contrastados autores analizan os diferentes
elementos prescriptivos do currículo da educación física cunha visión que
permita consecución das competencias básicas.